domingo, 11 de noviembre de 2018

Samaín e Magosto 2018

A festa do Samaín e o Magosto é da que máis gusta no cole. Os días previos todas as aulas nos afanamos na decoración.
 Na Sementeira fixemos a árbore monstruosa da que xa vos falamos noutra entrada,...
... e unhas caveiras decoradas con macarróns.
 

Traballamos vocabulario relacionado co tema a partir dun conto dos Bolechas e fixemos varias fichas impresas.



Tamén vos recordamos cal era o día da festa a través da libreta viaxeira.
Os contos do Pasaporte Lector tiñan unha temática común: o medo.
Cambiamos a nosa xoaniña no momento de relaxarnos por un globo "mete medo".
E por fin o mércores 31 de outubro chegou o día máis terrorífico do ano e na Sementeira disfrutámolo a tope! Bruxas, momias, demos, vampiros, esqueletos,... o corredor de Educación Infantil metía medo!

Despois da sesión de fotos, saímos ao patio para disfrutar dos xogos que estaban preparados para nós: birlos, comecastañas, carreira de tartarugas e equilibrios con castañas. O tempo aguantou as ganas de choiva que ameazaba e disfrutamos tod@s xunt@s dos xogos populares organizados polo equipo de actividades complementarias e extraescolares.












E claro, despois de tanto exercicio, tocaba repoñer forzas coa merenda que trouxeron os compis da clase de tres anos para compartir con tod@s. Moitas grazas familias porque estaba todo terroríficamente delicioso!









Unha vez rematado o recreo era o turno de festexar o Magosto. As castañas asadas por Manolo foron todo un éxito! 
Na aula fixemos un cesto decorado cun trisquel castañeiro para as castañas.



Fíxose entrega dos premios do concurso das Cabazas Monstruosas. En Educación Infantil resultou gañador o noso compañeiro Alejandro da clase de 5 anos. Parabéns!!
 Na Sementeira participaron Olivia, Lois, Aroa e Cris. Grazas familias!!
 
O equipo de Dinamización da Lingua propuxo xogar a calificar con adxectivos de medo as cabazas da exposición e nós animámonos coas d@s nos@s compañeir@s. 
En conversa colectiva decidimos os adxectivos para cada cabaza e a profe escribiunos nunhas tarxetas.
O día anterior á festa visitamos a exposición de Cabazas Terroríficas








Como podedes comprobar foi un fin de mes bastante axetreado; pero pasámolo... DE MEDO !!

3 comentarios:

  1. Que ganiñas tiñamos xa de entrada no blog; e está compensa a espera!
    Cantas cousiñas e que bonita! ��

    ResponderEliminar
  2. Xa apetecía ver como traballan e disfrutan @s peques!!! Gustounos moito todo:a decoración,os disfraces,a festa... Que medo🧟!!!

    ResponderEliminar
  3. Olaya mamá Cristina12 de noviembre de 2018, 15:50

    Totalmente de acordo!!! Xa tiñamos ganas de velos traballar e sobre todo disfrutar tanto...A nosa Caveira xa esta colgada e quedou chulisima!!!

    ResponderEliminar