Antes de marchar de vacacións de Nadal, lemos no cole o conto
Gustounos tanto que decidimos facer a nosa propia versión; pero chegaron as vacacións e o traballo quedou a medio facer. Durante estas semanas estivemos rematando de escribir e ilustrar e unha vez rematado xa está viaxando polas casas; Cando sexamos encargad@ levarémolo para que o poidades ver en familia. Coa realización deste tipo de actividades, aprendemos a traballar en equipo, a repartirnos as tarefas, a respectar o traballo dos compañeiros e compañeiras,... e tamén avanzamos no proceso lecto-escritor 😉
Alberto tivo a sorte de ser o primeiro en levalo.
Esperamos poder disfrutar pronto de máis proxectos como este! Pareceunos un traballo de equipo moi fermoso. Noraboa.
ResponderEliminar