martes, 5 de febrero de 2019

Escritura Espontánea

Todos os días na aula facemos actividades relacionadas coa lectoescritura; estamos empezando a escribir de xeito autónomo afianzando a etapa silábica na que cada letra ten o valor dunha sílaba. Pouco a pouco imos perdendo o medo e avanzamos no proceso lectoescritor.

 Na aula temos xogos manipulativos que nos axudan a que este proceso de aprendizaxe sexa máis funcional e significativo ademais de lúdico. Asier, Lois, Lorena e Alba atoparon un xogo que ata o de agora non chamara a atención de ninguén.

2 comentarios:

  1. Da gusto ver como progresan e o contentos que están !!

    ResponderEliminar
  2. Charo mamá de Aroa6 de febrero de 2019, 20:09

    Oxalá Disfruten sempre do seu aprendizaxe como o fan agora mediante os xogos. Sen dúbida, non se me ocurre mellor estímulo para esforzarse e avanzar que disfrutar durante este proceso.
    Por certo, encántame a creatividade e o uso alternativo dos materiais que amosades os nenos nas clases!

    ResponderEliminar