lunes, 18 de febrero de 2019

O Xardín das Hespérides

Na porta da nosa aula  temos nada máis e nada menos que o Xardín das Hespérides. 
Non lle falta detalle pois está Hera, as Hespérides e ata o mesmo dragón que custodia a maceira de mazás douradas que proporcionan a inmortalidade a quen as come. Tamén temos a mazá da discordia que, segundo a mitoloxía grega, a deusa Eris destinou ‘para a máis fermosa’ na voda de Peleo e Tetis, provocando unha disputa entre Hera, Atenea e Afrodita que terminaría levando á Guerra de Troia. 
 
Fixemos a nosa árbore pintando papel de periódico enroscado; para as mazás douradas tivemos un pequeno problema pois en principio pintamos bolas de porispán con sprai dourado pero desfixéronse e tivemos que buscar outra altenartiva polo que as pintamos con pintura dourada e lles botamos purpurina. 
As mazás dourdadas da inmortalidade
A mazá da discordia "para a máis fermosa"
Pintamos con pinceis e témperas a Ladón, o dragón que custodia a maceira.
E fixemos uns paneis informativos sobre o Xardín. 
 O Xardín das Hespérides era o horto de Hera, a esposa de Zeus; Os nenos e nenas da clase de 3 anos teñen a súa porta decorada con esta deusa e fixémoslle unha visita para vela.
Levounos o seu tempo pero por fín podemos disfrutar do noso Xardín das Hespérides. Pedide aos Sementeiros e Sementeiras que vos conten os detalles da historia deste xardín tan especial.
E sabedes unha cousa? contamos con axuda extra para protexer o noso xardín de todos aqueles que queiran roubarnos as mazás da inmortalidade pois un Unicornio vixía todos os días que non pase nada malo.
Este xoves recibimos a visita dos compis de 4º coa súa profe Xela, xa que aproveitando que eles tamén están estudando a mitoloxía, viñeron a representar varios mitos gregos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario