O pasado venres conmemoramos o Día da Muller Traballadora.
Ao longo de toda a semana levamos a cabo na aula diferentes actividades relacionadas cos dereitos das mulleres. Lemos contos, falamos sobre as nosas mamás e os seus traballos e do que nos gustaría ser de maiores, coñecemos mulleres que destacaron en profesións a priori masculinas,...
Ao longo de toda a semana levamos a cabo na aula diferentes actividades relacionadas cos dereitos das mulleres. Lemos contos, falamos sobre as nosas mamás e os seus traballos e do que nos gustaría ser de maiores, coñecemos mulleres que destacaron en profesións a priori masculinas,...
"O país dos mandóns" é un conto no que uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que
as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. Co
cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade
conmemórase o día internacional das mulleres. Foi un conto co que xurdiu unha conversa colectiva do máis interesante-
Sarinya Srisakul chamou a nosa atención por ser a primeira muller bombeiro en Nova York. Atopamos a información no fantástico libro
Buscamos máis información en internet,...
... e fixemos unha ficha impresa na que escribimos e debuxamos o que nos gustaría ser de maiores.
O conto "Las niñas serán lo que quieran ser", conta como as as nenas coa axuda do señor "Sequerespodes" logran cambiar a canción do NON pola canción do SÍ e consiguen ser o que queiran.
E que queremos ser as nenas de maiores? pois aquí están as nosas respostas
Falamos dos traballos das nosas nais e de todo o que fan tamén na casa; Despois da nosa conversa, chegamos á conclusión de que traballan un pouco máis que os pais, aos que lles gusta moito estar no sofá vendo o fútbol (aínda que algúns preparan a cea cando mamá non está). Decidimos que as mamás merecían un regalo e fixemos uns diplomas para elas.
Unha chulada!!! Encantadisima ca sorpresa...��
ResponderEliminar