O mércores dedicamos a sesión de ioga a facer mandalas, pero non os coloreamos senón que os fixemos cos nosos propios corpos.
Primeiro vimos algúns exemplos en internet.
Gustáronnos tanto que non fixo falta que a profe propuxese intentar facer algún pois tod@s estabamos desexando empezar. Probamos a facer algún dos que había en internet, primeiro en gran grupo e despois dividímos en grupos de 5 compañeir@s (case resultou máis difícil poñerse de acordo e escoller o grupo ao que quería ir cadaquén, que facer os mandalas😉)
Que bien lo pasan...vamos a tener que hacer una sesion de yoga para mamis!!!
ResponderEliminar