jueves, 4 de abril de 2019

Traballando cos Compis de Primaria

Lembrades que fai un tempo os nenos e nenas da clase de cuarto da profe Xela nos representaron varios mitos gregos? pois devolvéronnos a visita para que nós lles explicásemos algúns dos murais que fixemos para o corredor de infantil. Falámoslles de Ícaro e as consecuencias que tivo non escoitar os consellos do seu pai, do Xardín das Hespérides, do mito de Aracne e de Belerofonte e o magnífico Pegaso. Eles escoitaron atentamente todo o que lles contamos.

Aquí podedes ver un resumo en fotos de todos os murais que fixemos e algunhas das animacións que vimos en internet.
ÍCARO
BELEROFONTE E PEGASO
ARACNE

A semana pasada fixemos unha última actividade conxunta, un taller de modelaxe con arxila na que intercambiamos ideas e pasamos un rato moi divertido compartindo  cos compis maiores.
Moitas grazas porfe Xela por esta fantástica iniciativa.
Encantounos traballar convosco chic@s.
Volvede cando queirades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario