lunes, 6 de mayo de 2019

Horta e Telexornal

A semana pasada visitamos a horta para plantar en compañía de Carmen, a nosa asesora, cebolas, lombarda, leituga da variedade folla de carballo, fresas, sandías e pementos de Padrón.
Como nos tocaba preparar o Telexornal Rosalía, fixemos unha entrevista a Carmen.
Aproveitamos para ver o que medraran as leitugas que plantamos fai uns meses. De feito, estaban lista para comer e os nenos e nenas de tres anos leváronllas ás cociñeiras para comelas no comedor.
 Aquí estamos dispost@s a probar as nosas leitugas.
Carmen explicounos algunhas das característica das plantas que iamos plantar, e escoitamos atentamente.
Así quedou o bancal no que fixemos a plantación. Agora toca vir a regar e esperar que medren as nosas cebolas, lombardas, leitugas, fresas, sandías e pementos.
De volta na Sementeira fixemos un debuxo dalgunhas das cousas que plantamos. 
Ao longo da  semana o tempo acompañou e fixemos un picnic na hora da merenda.
 Xa podedes ver na páxina do cole un novo Telexornal Rosalía; esta vez tocoulle a nosa clase facelo e tod@s quixemos participar; na gravación do noso primeiro telexornal alá polo mes de novembro non tod@s nos animamos a colocarnos diante das cámaras pero esta vez a participación foi masiva. Deunos un pouco de traballo pero pasamos momentos moi divertidos.
Ahi van as nosas noticias ! esperamos que disfrutedes do Telexornal !!

2 comentarios:

  1. Olaya mamá Cristina7 de mayo de 2019, 18:20

    Grandisima idea a do horto...a cris gustalle tanto que nos quere facer un na horta!!! E o telexornal insuperable temos uns nen@s xeniais!!!

    ResponderEliminar
  2. Menudos reporteiros temos!!!! Ainda que.... O q mellor se lles da é manifestarse😂😂😂.
    A ver si hai sorte e teñen boa producción nese horto, está moi ben que vexan de onde veñen os alimentos!!

    ResponderEliminar