domingo, 9 de junio de 2019

Excursión Fin de Curso

O xoves 30 de maio foi un día moi especial para todos os nenos e nenas de Educación Infantil do Rosalía porque fixemos a nosa excursión de fin de curso; visitamos o parque arqueolóxico de Campolameiro.

 A viaxe en bus estivo amenizada por cantantes improvisad@s de reggaeton que o pasaron pipa no traxecto dende Padrón ata Campolameiro.
Nada máis chegar distribuíronnos por aulas e marchamos de exploración co noso monitor.
O primeiro que visitamos foi a Laxe da Forneiriña; como facía moito sol necesitamos utilizar un paraugas que fixera sombra na pedra para poder ver os gravados.
Seguimo o noso paseo ata a Laxe dos Carballos, a máis importante do parque e parte da cal estivo enterrada ata fai uns anos.
 Alí recibimos unha visita inesperada.
E chegou o momento de visitar un poboado da idade de bronce, unha das partes máis animadas e divertidas da excursión. Entrar dentro das casas foi toda unha experiencia.

Vimos como eran os cercados para os animais construídos cos mesmos materiais que no pasado.
 Pero sen dúbida onde máis disfrutamos foi no labirinto; eso sí, do Minotauro nin rastro.
Despois de tantas emocións tocou repoñer forzas coa merenda.
  Por último fixemos un obradoiro de pintura. Moemos e mesturamos barro con auga para pintar cos dedos libremente nun mural.


Pasamos unha mañá moi divertida e disfrutamos moito da nosa excursión.

2 comentarios:

  1. Olaya mamá Cristina11 de junio de 2019, 0:00

    Que excursion mais divertida!!! Pena que non fora tamen para os papis...��

    ResponderEliminar
  2. Que ben o pasaron!! Carlota veu encantada co laberinto e María facendo de Minotauro 😄!!!
    E non falemos do lagarto, menuda emoción😅😅😅, que casi lle come os pés🙃!!!!

    ResponderEliminar