jueves, 3 de octubre de 2019

Ioga + Cumple

De volta coa rutina dos mércores de ioga, a semana pasada estivemos lendo o conto
Practicamos as asanas que saen no conto (na sesión de ioga moitas veces resulta dificil sacar boas fotos porque estamos tan concentrad@s na práctica das posturas que non temos tempo de inmortalizalas)
Rematamos a sesión escollendo unha asana do conto e practicándoa de xeito individual. Temos moito que practicar aínda pero gústanos tanto que pronto notaremos os avances.
Todas as sesións de ioga rematan con "savasana", a relaxación do noso corpo despois do esforzo feito.
Este mércores foi o turno do libro
O saúdo ao sol, o guerreiro, a respiración da estrela, a relaxación con plumas,... fixemos moitas asanas individuais e tamén en parellas pero non temos fotos da sesión.
A profe fixo algunha suxerencia aos ioguis sementeiros e sementeiras,... coma practicar o saúdo ao sol algún día pola mañá ou axudar a papi e a mami a relaxarse cando chegan de traballar. Xa nos contaredes se levaron o recado a casa 😏 
Lembrade que seguimos un ano máis cos mércores saudables. Xa temos novas compañeiras que acadaron o seu diploma por comer froita.
 O martes estreamos o mes de outubro festexando por todo o alto o cumple do noso compi IZAN
Trouxo un súper mega biscoito para compartir con compis e profes. Estaba delicioso !

4 comentarios:

  1. Olaya Mamá Cristina4 de octubre de 2019, 10:03

    Velos tan relaxados ata relaxa os papis!!! Tes que volver a dar esos consellos para relaxar a mami e a papi esta semana para que cris os poña en practica con mami...Moitas felicidades Izan!!!

    ResponderEliminar
  2. Eu tamen quero ir a esas clases!!! Paula anda practicando na casa!!
    Da gusto velos tan concentrados cas asanas😊😊😊.

    Moitas felicidades Izan!!!

    ResponderEliminar
  3. Mira quelle gustan as clasea de ioga asi ven mais relajado. 😊. E todo contento co seu cumple izan ca super tarta para soplala😃. Gracias.

    ResponderEliminar
  4. Bahiana espera los miércoles para hacer yoga, ya hacía conmigo en casa pero ahora solita se pone videos y se pone a copiarlos.. y me recuerda que al despertarnos tenemos que hacer el saludo al sol!! Jaja más que feliz que lo adapte como parte de su rutina diaria.

    ResponderEliminar