martes, 22 de octubre de 2019

Outono

A semana que empezou o outono mandamos unha nota a casa pedindo axuda para conseguir un montón de follas.
Mirade as follas que conseguimos xuntar.
 Seelccionamos e apartamos algunhas das que máis chamaron a nosa atención e coas demais,... celebramos a chegada da nova estación !

Así quedaron as que lograron sobrevivir a tanta festa
 Escollemos as poucas follas que quedaron enteiras e fixemos unha actividade de estampación con rotuladores.
E coas follas que apartamos ao principio fixemos un pequeno experimento. Gardámolas coidadosamente entre papeis de periódico, puxemos peso enriba para prensalas e ver como quedaban co paso do tempo. Elaboramos un cartel para que ninguén movera de xeito accidental a nosa prensa de follas e esperamos,...
 Xa tiñamos o cartel rematado pero alguén suxeriu añadir "non tocar". Boa observación, non vos parece?

Despois de varias semanas comprobamos os resultados e descubrimos o ben que quedaron as nosas follas prensadas. De seguro que nos animaremos a repetir esta actividade.
 Xa temos follas para xogar a un montón de cousas. Pronto veredes para o que as usamos.
Por certo, fixemos grafismos creativos decorando unha folla 😜

1 comentario:

  1. Olaya mamá Cristina22 de octubre de 2019, 23:14

    Que ben o pasaron cas follas, da gusto velos divertirse tanto��!!!

    ResponderEliminar