viernes, 15 de noviembre de 2019

Unha Semana en Fotos

Un venres máis visitamos a biblioteca do cole. Contamos un conto que nos deu algunha pista sobre como trepar ás arbores, rematamos unha tarefa que tiñamos pendente e despois disfrutamos dos libros que garda Siria, a mascota, na súa casa.
 Todos os días pola mañá cantamos varias cancións de benvida en inglés. Ata o de agora era a profe a encargada de poñelas no ordenador pero dende esta semana tócalle facelo ao encargado ou encargada do día anterior. Estamos desexando ser encargados para facer esta nova rutina.
 
 
 Os xogos que nos axudan a practicar a lectoescritura sempre son unha boa opción para pasar a última sesión da mañá entretid@s.
Lembrades as follas que prensamos o mes pasado ? pois usámolas para facer un xogo de sombras onde temos que colocar cada folla na súa sombra correspondente.
O mércores despois do recreo, aproveitando que a choiva desta semana nos deu unha tregua, estivemos recollendo un montón de follas. Para que serán ? xa vos contaremos...
O Concello de Padrón participa nun concurso para elexir a figueira de Rosalía de Castro como árbore do ano 2020. Nós xa votamos por internet e mandamos información ás casas na libreta viaxeira para que vos animedes a votar.
 
 
 
Alba e Carlota trouxeron cousas para o recuncho; landras, follas decoradas e un puzle que xa temos moitas ganas de ver montado.
 Na sesión semanal de ioga practicamos posturas nas que traballamos a concentración, estiramos as pernas e da espiña dorsal,  fortalecemos o corazón e finalmente axudaron tamén a relaxar o corpo.

1 comentario:

  1. Que semana mais axetreada e divertida tivestedes pequen@s!!! Seguide aprendendo e sobre todo pasandoo tan ben...

    ResponderEliminar