lunes, 2 de diciembre de 2019

Simetrías

A simetría consiste en que unha imaxe ou figura vese idéntica á súa forma orixinal despois de ser volteada ou virada. Por tanto, a simetría transforma unha figura noutra igual, aínda que en sentido inverso. Trátase dun concepto un pouco difícil de entender pero na Sementeira, para ser a primeira vez que realizábamos simetrías, saímos airosos da actividade. Eso sí, supuxo un nivel máximo de concentración aínda que tivemos que borrar algúns detalles dos debuxos para tratar tratar de melloralos.
Ao día seguinte a profe propuxo de xeito voluntario animarse a facer simetrías con diferentes pezas de construción.
 E non foron simetrías sinxelas como poderedes ver nas fotos; gústanos complicalas 😁
Agora, na hora do xogo libre hai quen se anima a seguir facendo simetrías: unha piscina simétrica según explicaron as arquitectas.

1 comentario:

  1. Carai que tarefa mais dificil, e quedaronvos xenias..como se esforzan @s nos@s pequen@s sementeir@s!!!

    ResponderEliminar