As semanas antes de rematar o primeiro trimestre foron un non parar de actividades na Sementeira; e todas relacionadas co Nadal, claro ! Tivemos moito traballo: decorar os espazos comúns de infantil, preparar bolsas e portadas dos nosos traballos, participar no concurso de postais organizado no cole, enviar a felicitación de Nadal ás casas,...
O equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un concurso de postais e nós participamos coa nosa proposta.
Dende o cole organizouse unha campaña de recollida de alimentos que se doaron a Cáritas. Moitas grazas a todas as familias participantes.
Traballamos nun secredo que foi a todas as casas en forma de felicitación de Nadal. Esperamos que o carteiro non perdera ningunha das cartas e todas chegaran ao seu destino.
Ao igual que o ano pasado, contamos coa axuda de Manolo para levalas a Correos.
Fixemos as portadas dos nosos traballos.
Tamén decoramos as bolsas nas que levar todo o material. Un Elfo foi o tema elexido este ano.
E quedaron así de chulas.
A decoración de Nadal ocupou boa parte do noso tempo; cada aula de infantil elaborou unha árbore de Nadal multicor. Con todas as árbores adornamos a aula de psicomotricidade.
Unha vez feita a árbore grande, animámonos a facer outras de xeito individual seguindo o estilo da primeira.
E colocámolas a modo de cenefa na parte superior do mural feito en común.
Aproveitamos unha sesión de fotos navideña para facer outro mural moi divertido.
Decoramos a porta de entrada con flores de Pascua.
Fixemos folerpas de neve para colocar nunha paisaxe nevada.
E despois de tanto traballo chegou o día da Festa de Nadal e nin que dicir ten que o pasamos xenial. Nada máis chegar ao cole fixemos un montón de fotos pois viñamos tod@s moi guap@s.
Quen pensades que pode vivir nesa casa de madeira?😉 Nós temos algunha idea,...
E entre foto e foto chegaron,... OS REIS MAGOS !!
Pasamos un rato moi entretido cos xogos populares. Habíaos de todo tipo: de lóxica, de concentración, para xogar en parellas, en grupo ou de xeito individual,...
Lóxico que despois da emoción de ver aos Reis Magos e de xogar con tantas cousas divertidas, non deixáramos nin as migallas da merenda que trouxeron os nenos e nenas da clase de catro anos para compartir con tod@s.
Rermatamos a festa coa celebración dun Fin de Ano anticipado comendo as uvas con todos os compis do cole.
Madre mia canto traballachedes pequenos!!! Ben mereciades unha boa festa de nadal...🌲🌲🌲
ResponderEliminarGrazas pola felicitación!! Encántounos recibila.
ResponderEliminarSí que fixeron ben de cousas para o Nadal👏👏🎄 e que guap@s se puxeron para a festa🤩!!!
Un merecido descanso despois de tanto traballo!!!!
ResponderEliminarQué decoración mais bonita!!!
Gracias pola postal!!! Había algunha que non facia mais q mirar si habia correo😂😂😂