jueves, 27 de febrero de 2020

Entroido Arboretum

Os últimos días antes da gran festa de Entroido foron moi divertidos na aula. As últimas mandas do meco non quedaron sen cumprir e tod@s trouxemos os calcetíns máis coloridos.
O xoves todas as mandas acumuladas: roupa do revés, nariz pintado e calcetíns de cores.
Decoramos o carro no que ía a megafonía o día do Festival.
E o venres foi o día do ENTROIDO ARBORETUM. Fadas dos bosques, paxaros tropicais, animais que metían medo (e outros non tanto), unha árbore andante... e ata Robin Hood fixeron acto de presenza na Sementeira.
Tivemos o tempo xusto de sacar as fotos porque ás 10:30 da mañá saímos cara Padrón nun desfile que encheu de cor e alegría a nosa vila.
Na Praza de Macía repuxemos forzas para poder seguir coa festa !
E unha vez no cole merendamos tod@s xunt@s
 FOI UN DÍA XENIAL !
VIVA O ENTROIDO !

3 comentarios:

  1. Estabades todos guapiiiiiisimos!!!!!
    Menuda festa armachedes en Padrón.
    Un gran día de festa!!! 🎉🎉

    ResponderEliminar
  2. Bueno bueno, pero que guap@s os nosos sementeir@s!!! Da gusto vervos peques...e as profes e mamis tamen🤩🤩🤩🤩

    ResponderEliminar
  3. Diaza🌳🌲🌴🌿🐇🐻🐿🦌🐺🐦🧚‍♀️🧝‍♀️🌞pasámolo xenial, e eles máis que é o que importa!!! VIVA O ENTROIDO!!!🥳🤡🤠👮‍♂️👩‍🍳

    ResponderEliminar