O pasado xoves día 30 de xaneiro comemoramos o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA. Ao longo de toda a semana levamos a cabo diferentes actividades que nos axudaron a reflexionar sobre as diferentes culturas, a guerra, sobre os conflitos en xeral e, máis importante aínda, sobre a necesidade de non esquecer o pasado, de modo que non repitamos os erros.
Coñecemos a figura de Wangari Maathai, política e ecoloxista keniana, coñecida tamén como "A muller árbore".
Aproveitamos un traballo feito fai uns anos por compis que agora están en primaria, e aprendimos moitas cousas sobre a premio Nóbel.
Todas as aulas de infantil quixemos representar o cinturón verde de Kenia nun mural que xa forma parte da decoración do noso corredor.
Todas as aulas de infantil quixemos representar o cinturón verde de Kenia nun mural que xa forma parte da decoración do noso corredor.
Wangari regalounos un legado de iniciativas, coñecemento e
solidariedade co planeta e cos dereitos das persoas, moi especialmente
cos dereitos das mulleres e na Sementeira quixemos recoller algunhas das súas ideas polo que as escribimos en follas que despois colgamos no corredor.
Este ano Wangari tamén é a protagonista no patio do cole. Estamos a pintar un mural pero, como a semana pasada fixo moi mal tempo tivemos que retrasalo ata estos días de sol, que puidemos saír a traballar nel.

E mentres uns pintan, os demais fan un quebracabezas xigante en equipo. Hai entretemento para tod@s.
Que dia mais bonito para que aprendades esos valores que tanta falta fan!!! E que dicir do mural...sodes uns artistas🤩
ResponderEliminar🎶🎶🎶 soan, soan as campás pola Paz, cada día máis e máis,...🎶🎶🎶
ResponderEliminar👏👏👏bravo Sementeir@s por tan bo traballo!!!