jueves, 26 de marzo de 2020

A Decena

Ao longo do segundo trimestre estivemos traballando na aula  cun novo concepto matemático: a decena.
 Que vos parece facer as 10 galiñas con témpera ou pintura de dedos?
Ou descargar este xogo de memoria para pasar un rato divertido?

De xeito manipulativo e voluntario xogamos nun primeiro momento, a agrupar cousas de dez en dez,...
e despois, a descompoñer os números en decenas e unidades.
 Fixemos actividades impresas.
Queredes xogar na casa? 
#euquedonacasa
Soamente necesitades palillos e gomas ou celo. Os Sementeiros e Sementeiras poden axudarvos a agrupar os palillos en decenas.
Déixovos aquí unhas tarxetas para xogar, e unha lámina para completar 👌
Lembrade que todas as actividades que vos propoño para levar a cabo na casa NON son obrigatorias; simplemente se trata de recomendacións e non é necesario facelas todas🙋

  





Na páxina web do centro podedes atopar novas propostas de psicomotricidade e de estimulación da linguaxe oral. Clicade no enlace e ides directamente á web.

1 comentario: