lunes, 23 de marzo de 2020

Falamos?

Ola a tod@s ! Estamos a vivir semanas difíciles que modifican por completo as nosas vidas. Espero que o esteades levando o mellor posible dentro do que cabe💪. Toca armarse de paciencia e confiar en que pronto sairemos desta. Se queredes poñervos en contacto conmigo, podedes empregar a seguinte dirección de correo electrónico:
aulasementeira@gmail.com
Serviranos de canle para falar de calquera dúbida que se vos presente sobre como afrontar académicamente estes días na casa dun xeito máis individualizado, poderemos compartir actividades que estades a facer cos nenos-as nas casas, fotos (se queredes subiranse ao blog), ideas e propostas novas para, entre tod@s, levar da mellor maneira posible estas semanas de confinamento.
Na páxina web do centro están os correos electrónicos do profesorado. Periódicamente subirase material para que poidades aproveitalo na casa (psicomotricidade, inglés, estimulación da linguaxe oral,...). Eu seguireino facendo como ata o de agora, a través do blog de aula (as actividades están agrupadas baixo a etiqueta #euquedonacasa).
No lateral do blog tendes os enlaces tanto á web do centro coma aos blogs das aulas.
Falamos e estamos en contacto
😘

2 comentarios:

  1. Xenial, xq asi axudadesnos un pouco mais!!! Sobre todo xq moitas veces non sabemos como cocer que avancen, ou polo menos no mei caso, centramonos no que ela sabe. Un saudo e animo a todos💪

    ResponderEliminar
  2. Certo reforzar o que saben ou estaban aprendendo😉😉😉pero así podemos saber como avanzar😉😉, gracias!!!!saudiños.para tod@s,😘 esperemos vernos pronto!!!

    ResponderEliminar