martes, 17 de marzo de 2020

St. Patrick´s Day

Hoxe celébrase o Día de San Patricio.
O ano pasado, co proxecto sobre mitoloxía coñecemos a estes pequenos seres vestidos de verde, cun gran chapeu que deixan á vista un pelo pelirroxo, así como unha prominente barba da mesma cor. Os leprechauns fabrican ou arranxan zapatos, e dise que son moi ricos, pero tamén avariciosos. A súa fortuna provén de que custodian moitas vasillas de barro cheas de tesouros, que foron enterradas en períodos de guerra e que ninguén, salvo eles, volveu recuperar. Segundo a lenda, se alguén logra fixar a mirada sobre un leprechaun, este non pode escapar e tenlle que dar os seus tesouros, pero no momento en que se retira a mirada desaparece. En esencia son similares a outros seres da mitoloxía  galega, como son  os trasnos. Se queres atopar algún dos seus tesoros, de seguro que está agochado no final dun arco da vella.
Queredes pasar un rato divertido en compañía destes trasnos? premede no seguinte pdf porque a Teacher Ana preparou un montón de actividades para festexar o St. Parrick´s Day.


1 comentario:

  1. Feliz dia de san patricio!!! Ainda que sexa encerradiños na casa!!!
    Gracias profe Ana por axudarnos a pasar os dias e facelos mais amenos!!!

    ResponderEliminar