O Día Internacional da Enfermeira celébrase o 12 de maio en todo o mundo con ocasión do aniversario do nacemento de Florence Nightingale, coñecida tamén como "A dama da lámpada" polo seu costume de realizar roldas nocturnas cunha lámpada para atender aos seus pacientes.
A OMS declarou o ano 2020 como o ano das enfemeiras por coincidir co 200 aniversario do seu nacemento.
A proposta de hoxe consiste en facer unha pequena homenaxe a todo o persoal sanitario que loita contra o Covid-19
#euquedonacasa
Os nenos e nenas saben ben o esforzo que todo o sistema sanitario está a facer
na batalla contra o coronavirus. Son pequenos pero moi conscientes de
que o papel de médicos e enfermeiros é decisivo nesta loita contra o
coronavirus.
Que vos parece se lles facemos unha pequena homenaxe con mensaxes de agarimo e de admiración? podedes facer un debuxo, elaborar un cartel cunha mensaxe de apoio, gravar un vídeo,... todo o que se vos ocorra para agradecer o seu traballo e festexar este día.
Imos a coñecer un pouco mellor a Florence.
Ás enfermeiras empezáronas a chamar reiseñores pois o apelido de florence significa "reiseñor"
"Atribúo o meu éxito a que nunca dei nin aceptei ningunha escusa"
Florence Nightingale
No hay comentarios:
Publicar un comentario