viernes, 19 de junio de 2020

Cápsula do Tempo

Rematamos os días lectivos dun terceiro trimestre que nunca olvidaremos. Un fin de curso moi diferente ao que estamos acostumbrados, sen festival e sen bicos nin abrazos de despedida.
Pero todo pasa e pronto poderemos volver a xuntarnos para xogar e disfrutar.
A última proposta que vos fago consiste en facer unha cápsula do tempo
#euquedonacasa
Unha cápsula do tempo é un recipiente que encerra obxectos do momento da súa creación e que é escondido á espera de ser aberto no futuro. As cápsulas do tempo poden ser físicas, se gardan obxectos, ou virtuais se gardan arquivos multimedia. Poden ser escondidas durante un período de tempo concreto ou ata ser atopadas.
 Elixide unha caixa de metal, de madeira ou de cartón non moi grande. Escollede  aqueles obxectos que foran especiais para vós durante estes meses na casa. Podedes incluir fotos, algún traballo do cole, un xoguete,... todo aquilo que vos lembre momentos especiais.
Cando teñades todos os obxectos que queredes gardar na caixa, pechádea ben e gardádea nunha bolsa para conxelados con peche zip. Desta forma estará mellor illada da auga e a terra. Buscade un lugar onde enterrar a vosa cápsula (cavade un foxo profundo para que estea bo protexida e non se atope facilmente). Pode ser no monte, no voso xardín ou escondida nalgún lugar da vosa casa. soamente poderá ser descuberta dentro duns anos.
As actividades impresas están recollidas da páxina "universo-mini.com" e poden darvos algunha idea para incluir na vosa cápsula do tempo.




Seguiremos en contacto polo blogue e a través do wasap. En breve avisareivos de cando podedes pasarvos polo cole a recoller os traballos dos nenos e nenas que quedaron pendentes do segundo trimestre, mandilóns, material do recuncho,...

2 comentarios:

  1. Da moita pena despedirse deste curso, e da etapa de infantil desta maneira. Pero todo pasará e os abrazos e bicos serán moito mais grandes e fuertes😍😍😍

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. 😭😭😭😭😫😫😫 pero voltaran che@s de máis enerxía e con máis ganas de verse e disfrutar xunt@s!!!🥰🥰🥰
      Gracias pprofes de Infantil por tod@!!!😍

      Eliminar