Pouco a pouco imos aumentando o tempo de permanencia na aula e facendo grupos máis grandes. Hoxe lembramos o conto do venres e contamos un novo co mesmo protagonista
Despois xogamos por recunchos nos que tiñamos preparadas diferentes propostas: quebracabezas, construcións, selos para estampar, os pinchos cos que xogamos o venres, e un xogo para desenvolver a nosa coordinación óculo-manual.
Mañá merendaremos por primeira vez na aula.
Mandade aos peques con mochila e procurade non enviarlles moita merenda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario