jueves, 17 de septiembre de 2020

Un novo Día

 Seguimos co proceso de adaptación na Sementeira. Pouco a pouco interiorizamos rutinas (aseo, merenda, recunchos,...) e disfrutamos moito durante o tempo que estamos na aula.

Empezamos coa canción dos bos días, seguimos co conto, hoxe fixemos un pequeno xogo de saúdos e presentacións ao grupo, xogamos no recuncho que nos toca, lavamos a mans, merendamos e saímos ao recreo. Un non parar de actividades!

PRIMEIRA QUENDA

BRIGADAS VERDE E VERMELLA








Antes de merendar lavamos sempre as mans e mentres esperamos a nosa quenda hoxe vimos un curto animado dos tres porquiños








SEGUNDA QUENDA
BRIGADAS AMARELA E AZUL

















Algúns de nós tivemos tempo de xogar coas letras e compoñer o noso nome. Foi unha actividade voluntaria pensada para que os nenos e nenas se acheguen ao mundo das letras dun xeito lúdico e moi práctico pois pouco a pouco iremos traballando e recoñecendo as letras do abecedario e o máis importante, cales son as que forman o noso nome!
 





Ata mañá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario