martes, 27 de octubre de 2020

Piñas e Follas

 Aproveitando que cando nos toca o recreo no patio de atrás un dos nosos enredos favoritos é o de recoller as follas que van caendo das árbores, e que na aula tiñamos unhas piñas, preparamos unha mesa sensorial moi otoñal

 O día que atopamos cogomelos foi todo un acontecemento



Mentras xogamos estamos traballando na discriminación visual dalgunhas letras do abecedario (de feito agora no momento en que disfrutamos libremente dos conto atopamos moitas letras que xa coñecemos, sobre todo as dos nosos nomes😉), interiorizamos e incorporamos ao noso vocabulario novas palabras en galego, traballamos a motricidade fina que nos axuda a afianzar a nosa lateralidade, tratamos de manternos concentrados e concentradas na realización da actividade e de esforzarnos por rematala e facela ben,...

 
O vindeiro venres día 30 celebraremos no cole a festa do Samaín. Este ano terá que ser un acontecemento limitado ás aulas pois as circunstancias non nos deixan organizar moitas das actividades que por tradición se fan no centro. De todos xeitos non queremos deixar de festexalo polo que os nenos e nenas poderán vir terroríficamente disfrazados ese día. Procurade non envialos con complementos (para evitar que os compartan) e non pintarlle a cara (para evitar que moleste en exceso a mascarilla).

4 comentarios: