lunes, 9 de noviembre de 2020

Actividades do Samaín

 Ao longo da semana do Samaín levamos a cabo diferentes actividades na Sementeira. 

Deixamos voar a nosa imaxinación para decorar unha cabaza con diferentes materiais. A única consigna era a de empregar de xeito libre a cantidade de material.


















A mesa sensorial era terrorífica ! tiñamos que recoller coas pinzas as iniciais e colocalas no seu debuxo correspondente. Pero con moito coidado de que non nos picara ningún bicho😉 Nin que dicir ten que nos encantou esta actividade





















 Preparamos unha manualidade para colgar no corredor; convertemos as follas da nosa árbore do patio en monstruosas pantasmas. Primeiro pintamos as follas con rodillo e témpera; despois tivemos que prensalas e agardar uns días a que estiveran "aplastadas"; finalmente debuxamos nelas expresións monstruosas.

























































Antes de debuxar na folla, practicamos as expresións das nosas pantasmas no encerado




















Pintamos unha cabaza con pincel e témperas. Rematamos decorándoa con gomets

 








Así de ben decoraron o corredor de infantil




4 comentarios:

  1. Pois sí que dou para moito a semana.... Que traballadores están feitos!!!!

    ResponderEliminar
  2. Laura- nai de Martina9 de noviembre de 2020, 22:45

    Que ben traballan todos os peques! Actividades super orixinais que se ve que lle encantan e as disfrutan.

    ResponderEliminar
  3. Pero que artistas son os nosos peques e moi traballadores

    ResponderEliminar
  4. Raquel - Mamá de Paula10 de noviembre de 2020, 12:43

    Gran trabajo,chic@s!!!!!
    Se les ve encantad@s!!��

    ResponderEliminar