Raro é o día en que xogamos coas construcións e non facemos unha torre
Chegou un momento en que a torre era tan alta coma nós
O problema foi que a nosa torre non resistiu máis e acabou no chan polo que demos a actividade por rematada (e tamén porque era hora de marchar a comer)😉
Hoxe na aula estivemos investigando e atopamos unhas torres que están moi cerquiña de Padrón; Falamos das Torres do Oeste de Catoira. Preguntade na casa e xa me diredes o que vos contan porque os vikingos causaron unha grande impresión nos Sementeiros e Sementeiras 😀
En Santiago están as Torres de Hejduk
Tamén viaxamos un pouco máis lonxe; ata París nada menos e fixemos unha visita virutal pola Torre Eiffel.
Seguro que seguiremos investigando e aprendendo sobre este tema. Estade atent@s ao blogue !
Alguén recoñece esta mascarilla?
leva perdida uns días na aula
Sii a mascarilla e de Hugo T.
ResponderEliminarQUE TORRES MAIS GRANDES!!!! QUE BEN O PASAN!!!!
ResponderEliminar