Seguimos cos luns saudables na Sementeira. Practicar ioga cada vez nos gusta máis e esforzámonos moito na realización das diferentes asanas. Cada semana introducimos unha nova, e xa coñecemos unhas cantas. Da sesión de hoxe non temos fotos, pero aquí vos deixo as das dúas anteriores.
O consumo de froita vai "vento en popa" e moitos compañeiros e compañeiras xa teñen unha boa colección de pegatinas no seu rexistro.
Hoxe no xogo grupal estivemos interiorizando as formas xeométricas: cadrado, círculo e triángulo.
Aproveitamos tamén para reforzar outros conceptos matemáticos (conteo), clasificación seguindo diversos criterios (cor, forma), onde temos máis e onde temos menos,...
A nosa encargada foi ALBA
Mañá empeza o Entroido oficialmente no cole coas mandas do meco
Durante estes días traer o mandilón déixoo ao voso criterio. O venres, día de disfraz de temática libre, os nenos e nenas deberán vir xa disfrazados da casa (ese día que non traian o mandilón pero sí a merenda e a botella de auga na mochila).
No hay comentarios:
Publicar un comentario