Este xoves estrenamos xogo na Sementeira: a ruleta.
Cada casilla indicaba un xogo: unha postura de ioga, un xogo motriz, chiscar un ollo,...
Temos tamén algúns xogos novos nos recunchos: un abecedario e a recta numérica do cero ao dez. Practicamos a motricidade fina enroscando e desenroscando os tapóns á vez que traballamos lóxica-matemática e lectoescritura.
Aproveitamos os grans de millo que debullamos fai tempo para facer espirais no chan seguindo un patrón.
Con depresores traballamos a orientación espacial colocándoos como nos indican as tarxetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario