Hoxe puxemos en marcha unha das rutinas máis importantes e que todos os Sementeiros e Sementeiras agardaban con impaciencia: ser encargados.
Este ano será o azar o que escolla a quen lle toca ser encargado ou encargada cada día. Temos un "bombo" con tapóns numerados ata o 20 e unha lista onde podemos ver quen foi xa encargado (pega unha pegatina) e o número que lle corresponde no listado.
Hoxe estrenou a rutina o número 17, que corresponde ao noso compañeiro Izan.
Pasar lista, compoñer a data, contar cantos estamos na aula, colocar tempo e estación,... son soamente algunhas das tarefas diarias que compoñen o noso PANEL.
Para pasar lista empregamos pinzas.
O encargado tamén escolle o conto do día e como non, vai de primeiro na fila😉
Que boa rutina...x aquí xa está impaciente🤩
ResponderEliminarMoito lles gusta ser encargados a eses peques
ResponderEliminarComo me gusta este xeito de nomear o encargado do día, así cada mañan estarán todos nerviosos ata que sala o tapón do bombo. A rutina encántame. O final do mes xa nos dirás cantos días fixo sol 😉
ResponderEliminarOlé que emoción e que Bo traballo, non lles vai a dar chegado ser protagonistas a cada un deles!! Menuda cara de emoción Izan!
ResponderEliminarXenial!!! Qué divertido!! Canto se aprende nesta clase!☺️
ResponderEliminar