lunes, 15 de noviembre de 2021

El Pájaro de Fuego

 Dentro das actividades do noso Proxecto de centro, coñecemos o ballet "EL pájaro de Fuego" do compositor ruso Ígor Stravinski, o que nos deu pé a viaxar ata Rusia e coñecer algunhas características deste país.

O primeiro que fixemos foi contar o conto e coñecer a este singular personaxe, as súas características e poderes

E a partir de ahí a motivación medrou nos Sementeiros e Sementeiras ata o punto de pedir cada día máis información. Vimos o ballet completo e seguimos con moito interese a historia que conta; se tedes tempo e vos apetece velo, deixo o enlace a continuación. Pedide que vos vaian explicando a trama e de seguro que pasades un momento divertido


A catedral de San Basilio e as matrioskas teñen xa un espazo na aula e están moi presentes no momento do xogo libre

Preguntade na casa quen mandou construír esta catedral e o que conta a lenda que fixo unha vez rematada; de seguro que tamén vos contan algún que outro detalle curioso

A Catedral de San Basilio de Thiago con todas as súas cúpulas

Das muñecas populares rusas tamén coñecen unha lenda que conta a súa orixe e o nome de cada muñeca

 

Decidimos facer os nosos paxaros e colocalos no corredor de Educación Infantil para que nos protexan😉









Como podedes comprobar temos plumas protectoras suficientes para solucionar calquera problema que se nos presente. Moitas grazas "Pájaro de Fuego" por todo o que aprendemos estes días contigo😉

4 comentarios:

  1. Que chulada...x aquí Iván o terrible tennos asombrados😱😱😱

    ResponderEliminar
  2. Pero q bonitos quedaron eses paxaros!!!!

    ResponderEliminar
  3. Que conto mais maravilloso!!! Por aqui tamen estamos moi informados sobre Ivan o Terrible

    ResponderEliminar
  4. Que pasada!! Si si totalmente informados na casa!!😀😉

    ResponderEliminar