Dentro das actividades do noso Proxecto de centro, coñecemos o ballet "EL pájaro de Fuego" do compositor ruso Ígor Stravinski, o que nos deu pé a viaxar ata Rusia e coñecer algunhas características deste país.
O primeiro que fixemos foi contar o conto e coñecer a este singular personaxe, as súas características e poderes
E a partir de ahí a motivación medrou nos Sementeiros e Sementeiras ata o punto de pedir cada día máis información. Vimos o ballet completo e seguimos con moito interese a historia que conta; se tedes tempo e vos apetece velo, deixo o enlace a continuación. Pedide que vos vaian explicando a trama e de seguro que pasades un momento divertido
A catedral de San Basilio e as matrioskas teñen xa un espazo na aula e están moi presentes no momento do xogo libre
Preguntade na casa quen mandou construír esta catedral e o que conta a lenda que fixo unha vez rematada; de seguro que tamén vos contan algún que outro detalle curiosoA Catedral de San Basilio de Thiago con todas as súas cúpulas |
Das muñecas populares rusas tamén coñecen unha lenda que conta a súa orixe e o nome de cada muñeca
Decidimos facer os nosos paxaros e colocalos no corredor de Educación Infantil para que nos protexan😉
Como podedes comprobar temos plumas protectoras suficientes para solucionar calquera problema que se nos presente. Moitas grazas "Pájaro de Fuego" por todo o que aprendemos estes días contigo😉
Que chulada...x aquí Iván o terrible tennos asombrados😱😱😱
ResponderEliminarPero q bonitos quedaron eses paxaros!!!!
ResponderEliminarQue conto mais maravilloso!!! Por aqui tamen estamos moi informados sobre Ivan o Terrible
ResponderEliminarQue pasada!! Si si totalmente informados na casa!!😀😉
ResponderEliminar