lunes, 24 de enero de 2022

Mix de cousas

 Introducimos unha nova rutina na hora do panel. O encargado ou encargada escolle unha casiña de números e entre todos compoñemos a serie numérica. Estamos empezando a traballar os números ata o cen polo que temos casiñas dende o cero ata o noventa. Esta nova actividade foi moi ben acollida na Sementeira.










 Seguimos facendo xogos en grupo. Interiorizamos o concepto da suma xogando cos dados.



Empezamos xogando con dous dados
 





No medio do xogo complicamos a tarefa pois había que sumar con catro dados agrupándoos de dous en dous. Non tod@s se animaron a participar, pero dende que este xogo está presente no recuncho perderon o medo inicial a facer unha suma tan "grande", como din eles








Lembrades a Matrioshka que temos na aula? Xa non está sola porque Icía e Violeta trouxeron as súas da casa. Grazas !




O venres pasado, unha vez rematadas as tarefas, estivemos xogando nos recunchos

























levamos para casa o primeiro exemplar de Novas de Infantil do curso. Recibímolo con moita ledicia !








De seguro que na casa xa vos contaron que estamos aprendendo unha morea de cousas sobre os Beatles. Temos un mémori que pasou a ser o xogo favorito dos Sementeiros e Sementeiras


Hoxe antes de ir a comer estiveron xogando por equipos


Xa decidiron que mañán despois do panel van a volver a xogar

😉



4 comentarios:

  1. Ahora entendo o de querer facer sumas grandes 🤣🤣 que ben o pasan e como aprenden moitas cousas novas xogando 👏👏. Aquí a revista estamos a mirala cada dous por tres, foi todo un éxito. Un saúdo e a seguir aprendendo xogando 🥰😍

    ResponderEliminar
  2. Entre os Beatles e Londres tennos a cabeza tola.... Pero aprenden un montón de cousas... Da gusto!!!!

    ResponderEliminar
  3. A revista unha pasada, mil gracias. Agora xa entendo porque Carla si que comeches moitos iogures😅, os xogos espectaculares!

    ResponderEliminar
  4. Canto aprenden estés cativos na Sementeira!!! E todos eses xogos nos recantos telo que pedirlle axuda aa profe Ana para te los no meu novo cole. Bicos

    ResponderEliminar