Coa chegada do inverno temos novas propostas nos nosos recunchos; con elas podemos traballar a motricidade fina, o conteo, a serie numérica, a observación, a lectoescritura,...
Lembrades o xogo que vos presentamos a semana pasada "Marmelada de Sílabas"? calquera momento é bo para xogar a ler palmeando; esta actividade xa se converteu nunha rutina na Sementeira
Na hora do panel seguimos coñecendo números, e ao rematar a tarefa impresa aproveitamos para reforzar o que aprendemos en gran grupo
Hoxe visitamos a horta e comprobamos que as cebolas que plantamos o pasado mércores, empezan a agromar. A encargada tivo a satisfactoria tarefa de regalas
Cantas cousiñas novas, son unha chulada!!! Contentisima chegou a responsable de regar o horto🤩🤩🤩
ResponderEliminar