lunes, 7 de marzo de 2022

Mulleres Inspiradoras

 Na Sementeira temos marcado o día oito de marzo como un día importante; aproveitamos esta conmemoración para coñecer algunhas mulleres que foron pioneiras nos seus terreos e abriron as portas ás novas xeracións

Rosalía de Castro foi a nosa primeira muller inspiradora; para festexar o seu aniversario ademais de plantar unha figueira no patio, elaboramos  entre todas as aulas de Educación Infantil e Educación Primaria, un mural cun poema adicado a ela por Curros Enríquez



















Paula, que ese día foi a encargada, pintou a nota musical onde colocamos as verbas de Rosalía. Decoramos con pompóns e,... traballo rematado !
 



Mural de Educación Infantil



Mural de Educación Primaria

Este venres coñecemos a Jane Goodall, e o seu traballo en Tanzania cos chimpancés





















 Hoxe falamos de Marie Curie






















Esta semana adicarémola a coñecer mulleres pioneiras nos seus  campos, que tempo atrás se enfrentaron a unha sociedade establecida e foron derrubando barreiras.

2 comentarios: