sábado, 28 de mayo de 2022

Letras Galegas e máis Cousas

 O mes de maio na Sementeira foi un non parar de actividades.

Para celebrar as Letras Galegas fixemos diversas actividades relacionadas co homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán

Lemos un conto no que a través duns prismáticos máxicos coñecemos moitos aspectos da vida do autor; fixemos os nosos prismáticos e non sabedes a de cousas que podemos ver a través deles 😉


























A Asociación Cultural Arreixeira visitou o cole convidada pola AMPA e agasallounos cun pequeno concerto onde nos amosaron diferentes instrumentos tradicionais galegos. A nosa compañeira Violeta e a súa irmá Cristina, membros da asociación, tocaron con eles a pandereta e deixáronnos coa boca aberta













Participamos nunha búsqueda do tesouro na que tiñamos que atopar diferentes pistas agochadas polos patios para superar os retos que se nos propoñían





































"Ipanema" era o nome do barco no que Florencio Delgado emigrou a México e nós debuxámolo


















Thiago e Izan fixeron unha escultura onde Don Florencio foi o protagonista



Para ilustrar o noso traballo buscamos ideas no libro que temos na aula
















Cando trasladamos a aula ao patio, aproveitamos para alimentar a nosa planta carnívora cos pequenos insectos que atopamos



Temos un novo entretemento nun dos recunchos da aula: pintar nas fiestras con xiz líquido



























 O pasado martes celebrouse na biblioteca do cole a Feira do Libro. Visitámola e mercamos dous libros para a aula




Remato esta entrada felicitando a PAULA BARREIRO, que esta semana estivo de aniversario


Repartiu galletas para tod@s, soprou a candea e levou para casa o libro cos debuxos dos compis





































3 comentarios:

  1. Felicidades Paula B.!!!!!!
    Y menudos días mais ajetreados tuveron estos sementeiros

    ResponderEliminar
  2. Mimadriña cantas cousiñas nos trouxo maio...traballachedes moitisimo!!! Parabens a cumpreañeira🥳🥳🥳

    ResponderEliminar
  3. Que divertido y cuántas experienciaso, cuanto aprenden día a día!! Felicidades Paula!!!

    ResponderEliminar