Esta semana tivemos celebración por partida triple
BRUNO e ANA celebraron o pasado luns o seu quinto aniversario con tod@s @s compis da Sementeira
A metade de semana tocou celebrar o cumple de CHLOE, que trouxo chuches e bombóns para a profe
E rematamos as celebracións festexando os cinco anos de ALBA
Seguimos coñecendo instrumentos dentro do noso proxecto "Musiqueamos". Esta vez foi o turno da kalimba, un instrumento popular africano do que agora disfrutamos na aula pois forma parte do material dun dos recunchos de xogo
Continuamos aprendendo sobre a flora e fauna dos ríos. En conversa colectiva recordamos todo o traballado e unha maneira divertida de facelo é empregando a nosa ruleta; saímos voluntari@s e exlicamos todo o que sabemos sobre o animal ou planta que toca na ruleta
Estamos a piques de rematar o noso "Libro dos Ríos" con toda a información que estamos a manexar na aula. Esta semana continuamos traballando na súa elaboración
Podemos disfrutar dun novo entretemento no patio traseiro pois temos encerados nos que deixar a nosa pegada creativa
Ocorréusenos decorar esta nova zona e fixemos banderíns onde os protagonistas son os insectos. Aprendemos o seu nome en galego, pintamos, punteamos con rotuladores de colores e decoramos cada banderín coloreándoos cunha serie de tres cores diferentes
Remato esta entrada con algunhas fotos da sesión de ioga do xoves. Empezamos en posición de "Svastikasana", sentad@s coas pernas cruzadas, e facemos a invocación a "Patañjali", un ritual de homenaxe a agradecemento aos grandes mestres que nos transmitiron a sabiduría do ioga
Este xoves practicamos diferentes asanas no chan: "Matsyasana" ou postura do peixe,"Navasana" ou postura do barco e "Dhanurasana" ou postura do arco
Pero canto traballan e canto aprenden estos sementeiros!!!!
ResponderEliminarE moitas felicidades a todolos cumpleañeros: Ana, Bruno, Chloe e Alba
Felicidades a los cumpleañeros!!! Cómo nos gusta en casa el yoga, y esos banderines chulísimos, una súper decoración de exterior 😍
ResponderEliminar