Este xoves na Sementeira traballamos a xeometría experimentando con regras para conseguir encher o noso folio de liñas rectas
Ao longo da semana seguimos disfrutando dos recunchos de aula no momento de xogo libre
Temos un xogo novo para a plastilina; trátase de tarxetas coas nosas fotos ás que debemos colocar todo aquilo que se nos ocorra para facer unha composición do máis artística. Xogando coa plasti desenvolvemos a nosa motricidade fina pois é un grande estimulante psicomotriz. Deixamos voar a nosa imaxinación e amosamos moita creatividade deseñando todo tipo de accesorios (sombreiros, pelos de punta, coroas, mofletes,... ata había mocos e un biquini)
E tamén temos unha rutina nova na hora do panel, que consiste en facer un acróstico co nome do encargado ou encargada e despois debuxar todas as palabras que o forman. Traballamos a conciencia fonolóxica das palabras, a percepción e discriminación visual, a coordinación psicomotriz para o dominio do trazo gráfico, a expresión oral, a creatividade e a imaxinación,...
👏👏👏👏👏así así a traballar
ResponderEliminar🥰🥰🥰🥰
ResponderEliminarQue pasada velos traballar😍😍😍
ResponderEliminar