miércoles, 28 de septiembre de 2022

Retomando Vellas Costumes

 A semana pasada retomamos as nosas sesións semanais de ioga. Que ganas tiñamos !!

Practicamos as asanas que saen no conto "Conejito y sus amigos" e redescubrimos algúns dos moitos beneficios que nos aporta a práctica de ioga







Momento da relaxación






Adán coa axuda da xoaniña fai o momento da relaxación

E non temos xoves sen ioga e tampouco sen froita. Este ano faremos un rexistro coa axuda do noso Froitómetro; cada xoves que traiamos froita ensartaremos un abalorio















Botamos a andar o noso novo Pasaporte Lector; un libro da biblioteca de aula viaxará durante a fin de semana ás casas para volver de novo o luns ao cole coa folla correspondente do pasaporte feita. O venres pasado estreamos os pasaportes na aula co conto "Corre, corre cabaciña"





Temos unha morea de contos viaxeiros para escoller




Seguimos disfrutando dos momentos de xogo nos recunchos













Este luns fixemos grafismos creativos. Ademais de estimular a creatividade, atención, concentración e confianza en si mesmos, algúns dos seus beneficios son: a coordinación óculo-manual, lateralidade, direccionalidad, motricidade fina, organización espacial, e o manexo de conceptos como as cores, formas, dimensións, seriaciones...























E, despois de traballar se o tempo acompaña facemos picnic. Hoxe tivemos que escapar da choiva cando xa estabamos empezando a merenda; é o que ten o outono





 
 
Atopamos un saltamontes e levámolo para a Sementeira,  pero temos que dicir que a fin de semana fíxoselle un pouco longa e  luns xa non estaba para moita festa


Calquera momento é bo para xogar a pensar, e o venres pasado xogamos a adiviñar o título do conto que escolleu a encargada; algúns andiveron cerca de averigualo



2 comentarios:

  1. Canto traballan estos nenos, que maravilla!!!🥳🌞😱

    ResponderEliminar
  2. Que multitud de aprendizajes jugando, da gusto ver siempre lo que hacen, gracias 😍

    ResponderEliminar