Este luns fixemos un pequeno achegamento a un novo concepto matemático: os números pares e impares. Para iso, empregamos un xogo que xa se converteu nun dos favoritos na aula
Cotnamos tantos monstros como nos indiquen os dados, emparellámolos e comprobamos si se trata dun número par ou impar
A nosa aula xa está terroríficamente decorada, ao igual que as zoas comúns exteriores de Educación Infantil
Agora toca adornar o interior do cole e estamos disfrutando a tope elaborando decoración para os corredores. As manualidades que estamos levando a cabo poñen a proba a nosa motricidade fina
Coloreamos, picamos e montamos esqueletos para facer o noso primeiro mural
A encargada do día posa orgullosa co seu traballo |
Fixemos terroríficas cabazas recortando tiras de cartulina, ensartándoas nun encadernador e nun limpapipas, e finalmente dándolle forma ao rabo cos dedos
Convertémonos en momias. Enrolamos la un pouco máis longa do que nós medimos ao redor do modelo
Tivemos algún problema para cortar a la coas nosas tesoiras (a cara de Thiago dío todo)😂 |
Temos varias novidades que contarvos relacionadas co tema dos encargados
Unha das primeiras rutinas da mañá consiste en empezar o día cantando; dende fai varios días o encargado-a é quen pon as cancións no ordenador
Estamos levando para casa un xogo viaxeiro relacionado con vocabulario de samaín traballado na aula
Cada mañá o encargado-a escolle o conto; estas semanas a temática está clara 😉
Seguimos coa nosa rutina de subir á biblioteca do centro para disfrutar dos contos
Un dos novos enredos que recuperamos doutros anos na aula é o xogo das pinzas. ESta vez formamos palabras terroríficas e despois pedímoslle á profe que nos saque unha foto (unha das motivacións do xogo 😁). Buscamos similitudes con palabras que xa coñecemos ou coas letras do noso nome, contamos as letras, palmeamos para comprobar as sílabas da palabra que estamos a compoñer,... e traballamos de xeito lúdico unha morea de aspectos relacionados coa lectoescritura
Temos novos xogos relacionados coa temática do Samaín; xiran coma sempre arredor de conceptos relacionados coa lóxica-matemática, a lectoescritura e a grafomotricidade (e xa sabedes que son voluntarios)
No hay comentarios:
Publicar un comentario