E chegou o día de festexar o Samaín e o Magosto no cole; unha festa que nunca defrauda porque o pasamos,... de medo !!
Ao chegar fixemos a xa tradicional sesión de fotos terroríficas
Debuxamos os nosos disfraces
Preparamos unha merenda terrorífica para compartir cos compis de infantil
Xogamos moito
A media mañá celebramos o Magosto con todos os compañeiros e compañeiras do cole; repartíronse os premios do concurso de cabazas e o noso compi Adán resultou o gañador na categoría de Educación Infantil. Parabéns !!
As castañas non foron do agrado de tod@s, pero menos mal que xa tiñamos preparada unha gran merendola con todos os compis de infantil, grazas á aportación das familias de 3 anos. Estaba todo tan delicioso que non deixamos nada nos pratos
A choiva non impediu que disfrutáramos dos xogos populares: o tragacastañas e os bolos
Remato esta entrada co vídeo das criaturas terroríficas da Sementeira 😉
Gran día para os peques! Que terroríficos estaban tod@s e que ben o pasaron!!! 🎃🧙♀️💀👻😱
ResponderEliminarQue ben o pasaron os nosos Sementeiros e que terrorificos iban todos!
ResponderEliminarQue divertido!! Estaban todos xenial!!
ResponderEliminar