Un dos primeiros protagonistas do noso proxecto está a ser Cristóbal Colón, e no corredor de Educación Infantil xa ten o seu sitio
A semana pasada, na nosa visita á biblioteca aproveitamos para ver a súa historia en pantalla grande
Aprendemos moitas cousas sobre o navegante: que descubriu América pensando que visitaba as Indias, que os Reis Católicos lle prestaron axuda, que navegou en tres carabelas, que trouxo produtos descoñecidos en España,... e unha morea de cousas que podedes preguntar na casa aos Sementeiros e Sementeiras. Rematamos a nosa investigación sobre Colón recollendo o aprendido en varias tarefas impresas
Que maravilla!!! Thiago chegou a casa super contento con Cristóbal Colón, e contounos todo o que aprendeu no cole. Encantado estaba con toda a historia. 🥰🥰
ResponderEliminar