viernes, 11 de noviembre de 2022

Proxecto Egeria

 Pois xa temos nome para o noso Proxecto deste ano:

 PROXECTO EGERIA

A semana pasada na Sementeira coñecemos a figura desta muller pioneira, Egeria, a galega que foi a primeira viaxeira da historia que percorreu todo o mundo coñecido describindo o que vía

Como xa vos contamos na libreta viaxeira, este ano convertirémonos en intrépidos exploradores en busca de aventuras por terra, mar e aire. Xa temos disposto o noso recuncho do proxecto na aula, e o venres xa empezaron a chegar os primeiros materiais

Nota para casa solicitando a vosa colaboración

Amelia trouxo un libro sobre os medios de transporte

Adán trouxo unha réplica da Torre Eiffel e o ticket do seu paseo en barco polo río Sena

 Esta semana continuamos recibindo cousas interesantes. De seguro que entre tod@s conseguimos encher de material moi interesante o noso recuncho










Unha das novas propostas relacionadas co proxecto é este crebacabezas




 
 Nós xa temos as maletas preparadas dende fai tempo para empezar a viaxe !




















1 comentario: