A temática destes días, como non podía ser doutro xeito, segue sendo o Nadal. O calendario de advento mantenos moi entretid@s e onte foi unha xornada moi divertida pois fixemos unha pequena festa de disfraces
Hoxe a proposta foi inventar un conto de Nadal. Puxémoslle de título "UN CUENTO TRAVIESO"
Continuamos decorando o corredor con bonecos de neve e banderíns onde o protagonista foi o noso querido Papá Noel
Fixemos unha actividade en parella; escollemos libremente ao noso compañeiro-a e traballamos na consecución dun obxectivo común: a elaboración dunha paisaxe nevada. Axudáronse, aconselláronse, tomaron decisións en común,... foi unha sesión chea de aprendizaxes pois o traballo en parella utiliza o diálogo como instrumento e non só a confrontación de ideas, pretende a reflexión e o pensamento crítico, fomenta a escoita activa, o respecto e a valoración das opinións das demais persoas, ensina a saber pedir axuda e a saber dar a axuda pedida, socializa o coñecemento,... O seguinte vídeo resume todo este traballo
Ata temos o Big Ben na nosa paisaxe |
Canto estamos a disfrutar dos contos temáticos !! |
Da gusto ver como medran os desexos na nosa árbore
Aroa trouxo un material moi completo para o recuncho pois ten de todo: un libro con información sobre os animais que habitan nas diferentes partes do mundo e un crebacabezas para disfrutar no momento de xogo libre
Os momentos de xogo aproveitámolos a tope
Xa vedes que non paramos; e o que nos queda !!
😊
Que chulada ver o mural, encantounos!! os desexos da árbore, a decoración de Nadal,.. como aprenden mil cousas día a día, como a traballan nos recantos!! Gracias profe
ResponderEliminarMadre mía , canto traballan , gracias x o vídeo , gustoume velos traballar en equipo e quedou precioso ese traballo
ResponderEliminar