O venres pasado unha vez rematado o conto propúxenlles facer un debuxo e de xeito espontáneo pediron facelo en parellas. Parece que a actividade da paisaxe nevada lles gustou e quixeron repetir experiencia; había unha consigna, a parella non podía ser a mesma da vez anterior
Este foi o fabuloso resultado final
O luns foi un día moi especial pois recibimos a visita sorpresa de Papá Noel, que quixo comprobar o ben que nos portamos tod@s
A nosa árbore dos desexos segue a medrar día a día. Moitas grazas familias !!
A nosa compañeira Paula visitou un sitio moi especial e quixo compartir connosco a súa experiencia. Agora o mapa de Perlim xa ten un sitio de honra no noso recuncho viaxeiro
Levamos uns días traballando nas portadas dos nosos traballos impresos, e hoxe rematámolas
Reforzamos o concepto de simetría traballado durante o trimestre. Esta vez, con temática navideña
E o calendario segue a propoñernos actividades (non vaia ser que nos aburramos😉). Onte foi o día das cóxegas, pero a proposta de hoxe todavía non podemos contala porque é sorpresa 😌
Que emoción ver a papá noel!!! Seguro que algo les traerán que estes maiores de infantil se portan requeteben! Cómo nos gustou o traballo en parellas quedou espectacular!!! Felices festas a tod@s!! Gracias polos vídeos e por ensinarnos como traballan Ana!!
ResponderEliminar