viernes, 13 de enero de 2023

E Chegaron os Reis

 Pois sí, chegaron os Reis Magos e finalizaron as vacacións de Nadal; pero antes de voltar ao lonxano Oriente fixeron unha última parada na Sementeira e deixaron agasallos para tod@s,... que emoción !


















Despois de abrir os regalos, estreamos os rotuladores de pizarra con moita ilusión e fixemos o panel


Ao longo do primeiro trimestre levamos a cabo un rexistro do tempo e este luns fixemos reconto dos días de sol, nubes e choiva que tivemos dende setembro ata decembro. Houbo empate entre as nubes e a choiva







Unha vez rematadas as tarefas, disfrutamos dos xogos novos, reencontrámonos coas propostas dos recunchos e despedimos as actividades do Nadal
























 














Estamos desexando que chegue o vindeiro luns porque imos ao teatro a Santiago. A obra titúlase "Peter Pan, la aventura".  Vari@s Sementeir@s trouxeron os seus contos para compartir na aula pois non coñecían a historia. Moitas grazas !




Temos diferente material manipulativo: un xogo de lectoescritura co que identificamos os personaxes principais da historia, dous libros-quebracabezas e outros dous quebracabezas de máis pezas (50 e 100) con Campanilla de protagonista, que gustaron moito

















Traballamos nunha secuencia didáctica; estas foron algunhas das actividades impresas que fixemos esta semana



























Hoxe levamos para casa un novo exemplar do noso periódico "Novas de Infantil". Como o disfrutamos na aula !








2 comentarios:

  1. Que sorte teñen estos nen@s, cantos regalos. Todos merecidos polo moito que traballan. Noraboa a tod@s.👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻. E moitas gracias a esa profe por facer as clases tan chulas.🥰🥰

    ResponderEliminar
  2. Ana gracias polo xornal Unha vez mais espectacular ese recordo do traballo que facedes, gracias a todo o equipo de infantil!! Da gusto velos nos recantos cos xogos novos, que emoción abrir os regalos dos reis no cole👏👏

    ResponderEliminar