Vaia semana máis axetreada que tivemos coas mandas do Meco !
O Luns peiteados tolos
O martes un mandil prestado
E hoxe xoves, todo xunto
Estamos decorando os corredores con diferentes personaxes do noso proxecto. Willy Fog foi o primeiro en compartir espazo connosco
Como xa sabedes, estamos seguindo as aventuras de Willy fog; No seu paso pola India aproveitamos para coñecer o Taj Mahal e debuxámolo
Tadeo Jones tampouco podía faltar
Todas as aulas de infantil participamos na elaboración dun mural conxunto que decora a aula de usos múltiples
Xa se achega o aniversario da nosa poeta favorita, Rosalía de Castro; dende o Concello ofertaron unha actividade consistente nunha "Cápsula do tempo" na que metemos os nosos segredos para dentro duns anos recuperalos
Esta semana tamén xogamos a pensar cunha das obras máis coñecidas de Henri Matisse, Ícaro
Mañán é o gran día do Entroido no cole e festexarémolo polas rúas de Padrón; Agardámosvos !!
Pero cantas cousas aprenden estos sementeir@s!!!
ResponderEliminarE que ganas de velos desfilar en carnaval por primeira vez
Que pasada de propostas de entroido!! Que ambiente máis bo tedes sempre en aula! Así contan na casa cousas novas cada día, noraboa Ana!
ResponderEliminar