Que ben o estamos pasando na Sementeira viaxando co noso novo amigo Willy Fog ! Coa axuda de internet visitamos París de xeito virtual e coñecemos a catedral de Notre Dame, o museo do Louvre e ata subimos á torre Eiffel
O xoves estivemos disfrutando da aula de usos múltiples; traballamos, xogamos, decoramos as fiestras con xiz líquido e fixemos ioga
Tamén mandamos unha nota para casa informando da temática para os disfraces de entroido: as viaxes e todo o que pode englobar este tema: medios de transporte, personaxes coñecidos, lugares e monumentos, profesións relacionadas,...
Temos novas propostas de xogo para traballar entre outros conceptos, a orientación espacial, a interiorización do abecedario en minúsculas, a memorización de contidos relacionados cos personaxes do noso proxecto, a agudeza visual, a realización de series con pezas soltas, o concepto de par e impar,...
E tamén temos temática de inverno coa que disfrutamos dende fai varias semanas; están tendo boa acollida na aula aínda que ao non ser obrigatorias, non todos se animan a pasar por estas propostas
Canto taraballan @s nos@s sementeir@s!!! Así van de content@s 💜💜💜
ResponderEliminarDesexando que chegue o entroido.....
ResponderEliminarQue pasada de propuestas de invierno, así da gusto aprender!!!
ResponderEliminarQue pasada de propuestas de invierno así da gusto aprender!!!
ResponderEliminarComo traballan, da gusto velos. Cada día facendo asanas mais dificiles
ResponderEliminar