Levamos uns días coñecendo un novo país, a India; temos un mémori viaxeiro (cada día lévao o encargado-a para casa) co que interiorizamos moito vocabulario do traballado e aprendemos costumes, tradicións, novos medios de transporte, animais, monumentos,...
Un dos días preferidos na Sementeira é o xoves porque practicamos ioga. Xa sabemos que a práctica do ioga é orixinaria da India pero recordámolo a través da lectura do conto
Aquí están as fotos da sesión de hoxe
Sempre rematamos as sesións facendo exercicios de relaxación
Hoxe empezou o reparto de leite na hora da merenda, actividade promovida dende a Consellería; tivemos varios compañeiros e compañeiras que se animaron a tomalo
Aproveitando que despois do recreo facía moi boa temperatura, trasladamos a aula ao exterior; rematamos tarefas pendentes e disfrutamos dos xogos no patio traseiro
Molan ou non os xoves na Sementeira?
Molan e moito!!!!
ResponderEliminarXenial!! Que día mais bo!!🥰
ResponderEliminarMolan moito!!!
ResponderEliminar