Este luns recibimos a visita de Vanessa, do CIM Terras de Iria. Contounos un conto que xa coñecemos na aula, "Cando as nenas voan alto" e traballamos aspectos relacionados coa igualdade para conmemorar o Día da Muller; rematamos a actividade cun concurso de preguntas e respostas, e levamos de premio un marcapáxinas do Señor "Sequerespodes", o protagonista do conto
O mércores festexamos por todo o alto o aniversario do noso compañeiro THIAGO, que xa ten seis anos
Fixo a súa coroa, soprou a candea na tarta e convidounos a unhas deliciosas galletas e chocolatinas
Seguimos aprendendo e exercitando destrezas mentras xogamos. Esta semana tiveron moito éxito os crebacabezas
Sempre aproveitamos a hora do panel para reforzar os conceptos matemáticos que traballamos ao longo da semana
O xoves Adrián conseguiu o seu premio do Froitómetro
A sesión de ioga resultou especialmente divertida e motivadora porque fixemos as asanas en parella
Hoxe venres rematamos a nosa actividade para conmemorar o 8M; ilsutramos e escribimos o poema "Gata e Gato", un traballo que fixemos viaxeiro para que poidades disfrutalo connosco nas casas. Acompañámolo dunha pequena homenaxe ás nosas mulleres máis cercanas, as mamás, e a todos os traballos que fan
Pero canto traballaron estos sementeir@s
ResponderEliminarQue ganas de ver ese libro!!!!
Felicidades Thiago!!! E que traballo tan bonito o libro de "Gata e Gato"
ResponderEliminar