domingo, 23 de abril de 2023

Canta festa!

 Esta semana na Sementeira tivemos dobre celebración porque Carla e Adrián estiveron de aniversario e xa son do clube dos seis anos

PARABÉNS


O mércores foi o día de Carla
















e o venres festexamos os seis anos de Adri

















Thiago conseguiu o seu premio do Froitómetro



Co bo tempo, disfrutamos dos picnics e dos xogos no exterior














Coidamos dos xeranios e plantamos sementes dunha planta trepadora





 
 Temos dous crebacabezas novos de 150 pezas que están a facer as nosas delicias. Con paciencia todo se consegue !













Retomamos a nosa volta ao Mundo con Willy Fog e paramos en Xapón. Coñecemos a unha artista plástica chamada Yayoi Kusama; Fixemos o seu retrato














Imos aproveitar a nosa parada en Xapón para facer un mural para o corredor. Decoramos a bandeira do país nipón con ramas de cereixo en flor, pois sabemos da importancia que ten esta árbore para os xaponeses xa que o florecer das flores representa a primavera e un novo inicio despois dun longo inverno




Estade atent@s ao blog porque vos iremos informando de como queda

😉


4 comentarios:

  1. Moitas felicidades para Carla e Adrián!!!!
    Deseando ver como queda ese mural...

    ResponderEliminar
  2. Como disfrutan! Estamos deseando tamén ver o mural 😍

    ResponderEliminar
  3. Parabéns para Carla e Adrián 🎉.
    Xapón!! 🇯🇵 Est@s sementeir@s están feit@s uns/unhas viaxeir@s. ✈️

    ResponderEliminar